A praia de Soesto, a un paseo da casa
A nosa praia é un areal salvaxe duns 850 metros de area branca e fina, aberto ao Atlántico entre montes e prados, cun pequeno río que desemboca nun dos seus extremos. Está considerada unha das praias máis fermosas de Galicia e forma parte dun espazo protexido: por iso accédese por pasarelas de madeira que coidan as dunas.
Desde a pensión chegarás en menos de dez minutos en coche (hai aparcamento xunto ao areal) ou nun paseo duns vinte minutos baixando cara á aldea de Soesto. Sen paseo marítimo nin edificios: aquí o espectáculo é a propia praia, co faro de Laxe debuxado ao fondo.






