Habitacións
Habitación
Habitación 1
Unha habitación dobre na planta 2, con vigas de madeira, paredes en pedra á vista e saída a un balcón con vistas ao val.
O espazo
A Habitación 1 combina a pedra á vista e a madeira da estrutura orixinal cun ambiente luminoso e tranquilo. Dispón de cama de matrimonio, escritorio e armario.
O seu balcón, orientado ao val e aos montes de Soesto, é un dos recantos máis agradables da casa ao solpor. O baño privado conta con ducha de hidromasaxe e lavabo de moble.
Características
- 2 persoas
- Cama de matrimonio
- Baño privado con ducha de hidromasaxe
- Balcón privado
- Vistas ao val
- Wifi gratuíto
